jueves, 2 de abril de 2009

Manel Cráneo en el Fnac de A Coruña (19:30 h)



Xóves 2 de abril as 19:30 na FNAC Coruña, charla presentación de Os Lobos de Moeche coa presenza de Miguel Teixido (Euroeume) e do autor da obra Manel Cráneo.

OS LOBOS DE MOECHE

Aventura gráfica de Manel Cráneo que narra as memorias de Martín de Ferreira, un mozo da idade media que rematará convertíndose nun home do renacemento. A historia ten como telón de fondo as guerras irmandiñas de finais do século XV, onde o personaxe principal e o seu irmán, Lopo, veránse direitamente implicados nesta revolta social cruzándose con personaxes históricos como o lider irmandiño Alonso de Lanzós, o Conde de Lemos ou os Señores de Andrade. A obra mistura intriga, acción e unha gran carga dramática na liña dos grandes clásicos de aventuras de xénero histórico.

Os Lobos de Moche o edita Demo Editorial en colaboración con Euroeume e supón a primeira banda deseñada sobre as revoltas irmandiñas.

Durante máis de 15 anos, Manel ten publicado historias curtas en multitude de revistas e fanzines de todo o estado e o album Damsmitt (Ed.Dibbuks) no ano 2006, con guión de Kike Benlloch. Este é o seu primeiro album como autor completo.

Máis información en: http://demoeditorial.blogspot.com

No hay comentarios: