martes, 17 de mayo de 2011

Lois Pereiro

Retrato de Lois Pereiro
(tinta sobre papel, 30 x 21 cm)

Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas. Adícase este ano ó gran poeta Lois Pereiro. Así que fixen un debuxo da face do poeta. É a miña pequena homenaxe. Deixo tamén aquí un poema de Pereiro e un video, un interesante video onde o irmán do poeta, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, fala da vida e obra de Lois.


Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que deberia ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.

Lois Pereiro
(Monforte de Lemos, Lugo, 1958- A Coruña, 1996)



No hay comentarios: